Asemblea de catequistas

Este ano a Asemblea será no Seminario Diocesano e terá lugar o día 28 de abril de 10,30 a 5 da tarde. É un encontro importante e enriquecedor para todos os participantes, para saber como profundizar na nosa fe e como transmitila.

O programa da Asemblea é o seguinte:

10, 30h Acollida

11h Presentación do tema: Elementos esenciais para a catequese

11,30h Participación de tres delegacións coas seguintes cuestións:

– A familia na catequese

– A pastoral misioneira na catequese

– A pastoral vocacional na catequese

12 h Diálogo e presentación de materiais catequétícos

12,30 h Descanso

13 h Eucaristía presidida polo Sr. Bispo

14,00 h Comida

15 h Proxección da película Cartas a Dios

17 h Xesto de envío

Vixilia de oración polas vocacións nativas

 

A Vixilia de oración polas vocacións nativas será o venres 20 de abril ás 20:30 na parroquia de San Francisco Xavier de Lugo.

No cartel vemos aos apóstolos iluminados pola luz do Espírito Santo. Esta escena pode axudar a preparar a festa de Pentecostés.

A imaxe da Virxe lembra aos fieis que María segue presente e activa na vida da Igrexa e dos cristiáns.

O día propio das Vocacións Nativas será o domingo 29.

Encontros prematrimoniais en Lugo e Lalín

Durante a segunda quincena de abril teñen lugar varios encontros con parellas que van casar en Lugo e Lalín.

  • Na parroquia Bo Pastor os encontros prematrimoniais comezan o 14 de abril, com sesións matutinas de 11 a 14 h. e seguirá o 21 de abril todo o día (de 11 a 14 e de 16 a 19 h.). Para contactar está o teléfono 982 25 20 29.
  • Na parroquia de Nosa Sra. das Dores de Lalín (986 78 04 37) o inicio dos encontros será o día 16 de abril ás 20:30, continuando ata o día 20.
  • E do 23 ao 27 de abril será o curso para novos matrimonios na parroquia de San Antonio de Padua, de Lugo, ás 20:30.

Reunión sobre Doutrina Social da Igrexa

O día 11 de abril ás 19 h, na rúa da Cruz, 3, reunión sobre a Doutrina Social da Igrexa, para tratar do Estado de Dereito e a democracia.

Nos números 407 e seguintes do Compendio da Doutrina Social da Igrexa fálase das necesidades inherentes á democracia:

  • debe inspirarse na dignidade de toda persoa humana,
  • respectará os dereitos do home,
  • asumirá o ben común como fin e criterio regulador da vida política,
  • superará o relativismo ético,
  • terá unha moralidade nos fins e nos medios,
  • manterá a división de poderes,
  • os organismos representativos estarán controlados polo corpo social con eleccións libres,
  • a práctica do poder farase con espírito de servizo (paciencia, modestia, moderación, caridade, xenerosidade).

O Compendio da Doutrina Social da Igrexa tamén adica varios puntos á necesidade de contar con bos medios informativos para que haxa participación democrática. Medios de comunicación que non son tan bon cando se dá o seguinte:

  • concentracións editoriais e televisivas,
  • ideologización,
  • desexo de ganancia e de control político,
  • rivalidades e conflitos entre grupos.
A %d blogueros les gusta esto: