Itinerario de formación «Camiñando cara Pentecoste coa Fratelli Tutti»

A Delegación de Apostolado Segrar ofrece unha preparación para vivir un Pentecoste renovado neste ano 2021 da man da carta encíclica Fratelli Tutti do Santo Padre Francisco sobre a fraternidade e a amizade social.

Será de forma semipresencial e comeza o día 1 de marzo ás 7, 30 da tarde na igrexa de San Francisco Xavier. Ese día hai un encontro presencial para poder trasladar a información ás persoas interesadas. Será en dinámica de oración e presentarase o itinerario que se recorrerá desde Coresma ata Pentecoste.

O resto dos encontros serían en liña e posiblemente estes días: 22 marzo, 5 abril, 19 de abril, 3 maio. (22/23 maio, Pentecoste).

Estrutura das sesións / material de traballo:

1.- Situándonos (punto de partida: unha realidade social que nos está marcando)

2.- Iluminación desde a fe (un texto bíblico que axuda a comprender a realidade)

3.- Aportacións desde a Fratelli Tutti (extraer textos concretos que fagan referencia ao tema exposto seguindo os capítulos de forma continuada)

4.- Silencio meditativo.

5.- Compromiso para a vida.

Información para traballo persoal:

– Infografía descritiva da Fratelli Tutti – Cuestionario para a reflexión

– Descrición dunha situación social inxusta – Oración/preces

– Texto bíblico – Suxerencias compromiso

– Extracto de Fratelli Tutti

Esta información cólgase na web e envíase por correo electrónico e whatsapp, entregándose copias en papel a quen estea interesado.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: