Encontro en liña sobre a encíclica Fratelli Tutti

A Fratelli tutti chámanos a ser parte activa na rehabilitación de sociedades feridas que pretenden xustificar a indiferenza. Desprenderse dos demais é común hoxe en día, o que fomenta exclusión. Coidemos a fraxilidade de cada home, cada muller, cada neno e cada ancián, con esa actitude solidaria e atenta, a actitude de proximidade do bo samaritano. A proposta de Fratelli Tutti é facernos presentes para aqueles que precisan axuda desde: o sentido social da nosa existencia, a dimensión fraterna da verdadeira espiritualidade, a convicción sobre a innegable dignidade de cada persoa e as profundas motivacións que deberían levarnos a amar e acoller a todos (Cf. Ft 86).

Presentamos o guión para traballo persoal ou en grupo do capítulo segundo da Fratelli Tutti «Un estrano no camiño», e así poder compartir nun encontro en liña que terá lugar o luns 22 de marzo ás 8 na plataforma Zoom. (Para acceder ao guión e ao enlace visitar a web http://daslugo.org/)

Itinerario de formación «Camiñando cara Pentecoste coa Fratelli Tutti»

A Delegación de Apostolado Segrar ofrece unha preparación para vivir un Pentecoste renovado neste ano 2021 da man da carta encíclica Fratelli Tutti do Santo Padre Francisco sobre a fraternidade e a amizade social.

Será de forma semipresencial e comeza o día 1 de marzo ás 7, 30 da tarde na igrexa de San Francisco Xavier. Ese día hai un encontro presencial para poder trasladar a información ás persoas interesadas. Será en dinámica de oración e presentarase o itinerario que se recorrerá desde Coresma ata Pentecoste.

O resto dos encontros serían en liña e posiblemente estes días: 22 marzo, 5 abril, 19 de abril, 3 maio. (22/23 maio, Pentecoste).

Estrutura das sesións / material de traballo:

1.- Situándonos (punto de partida: unha realidade social que nos está marcando)

2.- Iluminación desde a fe (un texto bíblico que axuda a comprender a realidade)

3.- Aportacións desde a Fratelli Tutti (extraer textos concretos que fagan referencia ao tema exposto seguindo os capítulos de forma continuada)

4.- Silencio meditativo.

5.- Compromiso para a vida.

Información para traballo persoal:

– Infografía descritiva da Fratelli Tutti – Cuestionario para a reflexión

– Descrición dunha situación social inxusta – Oración/preces

– Texto bíblico – Suxerencias compromiso

– Extracto de Fratelli Tutti

Esta información cólgase na web e envíase por correo electrónico e whatsapp, entregándose copias en papel a quen estea interesado.

A %d blogueros les gusta esto: