Hoxe entramos nun mosteiro

Hoxe hai unha ocasión de entrar dentro dun mosteiro durante a formación en liña ás 19:30 h. que organiza o párroco de A Fonsagrada, Miguel Ángel Álvarez.

Miria, unha monxa dominica do mosteiro de Orihuela, compartirá o seu testemuño vocacional e falará tamén da vida monástica e da importancia que ten para a Igrexa.

Todo isto é posible grazas ás novas tecnoloxías, que durante este tempo de pandemia e de confinamento tanto nos están axudando, tamén para as cousas de Deus, xa que permiten estar un pouco máis preto, aínda que sexa de forma virtual.

O grupo de formación é habitualmente os martes, pero ás veces por problemas de axenda cambia de día.

Se alguén está interesado en participar hoxe neste encontro coa Irmá Miria só ten que escribir antes das 16 h. para recibir as claves coas que poder conectarse a través da plataforma Teams.

Xornada de formación permanente

O venres, día 27 de decembro, celébrase a xornada de formación permanente para sacerdotes, relixiosos/as e laicos no salón de actos do Seminario. O tema elixido é “Cáritas na Igrexa e a nosa Cáritas diocesana”. Comézase ás 11 h e conclúese ás 13:45 h. Tras unha breve fundamentación teolóxico-pastoral da caridade na Igrexa, daranse a coñecer os programas que leva a cabo Cáritas Diocesana de Lugo.

Xornada sacerdotal en Olbeira

LITURXIA E SACERDOCIO é o título das Xornadas Sacerdotais que as Asociacións Social e Cultural Cruceirinho de Vigo e Porta do Camiño de Santiago de Compostela, organizan na Casa de Convivencias Olbeira.

A Xornada terá lugar o martes 12 de novembro e comezará ás 11.00 horas. Consistirá en dous relatorios a cargo de Monseñor José Rico Pavés, Bispo Auxiliar da Diocese de Xetafe e Doutor en Teoloxía Patrística acerca da Oración litúrxica do Sacerdote, e de D. Félix Arocena Solano Profesor de Teoloxía Sacramentaria da Facultade de Teoloxía da Universidade de Navarra, e autor de numerosas publicacións sobre Liturxia, que falará das anáforas do Misal Romano.

Ambos os relatores teñen unha gran experiencia académica, e numerosas publicacións nos temas que trata a Xornada, sendo autores de referencia destas materias tan básicas para a vida dos sacerdotes.

A Xornada completarase cunha mesa redonda ás 15.15 h onde os autores manterán un diálogo cos asistentes a estas Xornadas.

A inscrición pode facerse a través de SMS ou de WhastsApp ao 686 541 212 e 670 903 331.

O modo de chegar a Olbeira pode verse en www.olbeira.org.

Xornada de formación litúrxica

O xoves 10 de outubro a Delegación Diocesana de Liturxia organiza no Seminario unha xornada de formación litúrxica. O tema será “A Piedade Popular e a Liturxia” e incluirá os seguintes aspectos:

  • A forza evanxelizadora da piedade popular

  • Aspectos canónicos da celebración da Eucaristía

  • A piedade popular e a liturxia

  • Os sacramentais

  • A música e o canto. Expresión da piedade

  • A primacía do domingo e o día litúrxico propio. Reflexións sobre as celebracións da Virxe e os santos

  • Programar unha Novena

Relatores:

  • Ramiro González Cougil, delegado de Liturxia de Ourense;

  • José Manuel Penela, secretario-chanceler da Diocese de Lugo;

  • Abraham Sánchez, rector do Seminario Redemptoris Mater de Lugo;

  • José Antonio Ferreiro, delegado de Liturxia de Lugo; e

  • Nicolás Susena, vicario parroquial da Milagrosa.

Semana de Formación Permanente dos Cregos de Galicia

A XXVII Semana de Formación Permanente dos Cregos de Galicia celébrase no Mosteiro de Poio entre os días 10 e 12 de setembro co título “Xuventude: Comuñón e comunicación. Retos para unha tarefa evanxelizadora”

Martes 10

11 h Acollida

11:30 h Oración inicial e presentación das Xornadas

12 h Primeiro relatorio: “Xuventude e fe” Mons. Luis Argüello García, Bispo Auxiliar de Valladolid e Secretario Xeral da Conferencia Episcopal Española

13 h Diálogo

16:30 h Segundo relatorio: “Xuventude e fe” Mons. Luis Argüello García

18 h Descanso

18:30 h  Terceiro relatorio: “Retos para o ministerio sacerdotal” D. Carlos López Segovia, Vicesecretario da Conferencia Episcopal Española para Asuntos Xerais

20:30 h Vésperas – Eucaristía

22:30 h Cineforum D. José Gabriel Vera Beorlegui de MCS da Conferencia Episcopal Española

Mércores 11

8:30 h Laudes – Eucaristía

10:30 h Cuarto relatorio “A comunicación na Igrexa” (ad intra e ad extra)

D. José Gabriel Vera Beorlegui, de MCS da Conferencia Episcopal Española

Diálogo.

12 h Descanso

12:30 h Obradoiros:

– “Novas tecnoloxías e misión evanxelizadora”, D. José Carlos Alonso e D. Manuel Blanco

– “A pastoral vocacional, hoxe”, Delegacións de Pastoral Vocacional de Galicia

– “Cáritas e voluntariado xuvenil”, Delegacións de Cáritas en Galicia

15:30 h Excursión – convivencia

Xoves 12

8:30 h Laudes – Eucaristía

10:30 h Quinto relatorio: “A formación permanente do clero: un reto cara ao futuro”, por Mons. Jesús Fernández, bispo auxiliar de Santiago  

Diálogo

12:30 h Mesa redonda: Camiños a seguir a partir da exhortación apostólica Christus vivit

13:30 h Clausura das Xornadas

A %d blogueros les gusta esto: