A Virxe pola dor, foi benaventurada

A Virxe sufriu penas e dores sen conto. É a Virxe das Dores! O ancián Simeón anuncioulle que unha espada atravesaría a súa alma (Lc. 2, 35).

Como foi a dor da Virxe? Foi só de sufrimento ou tamén de bágoas?

De Xesús sabemos que chorou ao predicir a ruína de Xerusalén (Lc. 19, 41); que chorou con bágoas na morte de Lázaro (Xn.11, 35).

De María, en cambio, non se nos di que chorou de forma específica, pero dáse a entender ao referirnos as situacións moi dolorosas en que viviu.

Chorar non é unha imperfección cando hai motivo para o choro. Chorar non é efecto de debilidade senón de fina sensibilidade. Chorar por amor é un don de Deus, don que só concede a almas moi santas.

María chorou e chorou moito, non nos cabe a menor dúbida. Non só chorou no Calvario; toda a súa vida, como a de Xesús, foi un martirio continuo.

As dores da Virxe ao pé da cruz foron certamente as máis atroces, pero non foron as únicos.

Sufriu María desde os seus máis tenros anos ao ver os pecados do mundo.

Sufriu, e seica chorou, polas penas de San Xosé que descoñecía a concepción virxinal de Xesús. Sufriu en Belén ao saber que todas as portas pechábanse a Deus o seu Fillo que viña ao mundo para a nosa salvación.

Sufriu cando deu a luz a Jesús nunha gruta e colocouno nun pesebre.

Sufriu cando fuxiu a Exipto, porque Herodes buscaba a Xesús Neno para matalo.

Sufriu, en fin, ao decatarse de que a súa estancia na terra prolongábase e agravábase nela a doenza que só se cura coa presenza e a figura do Amado, como di San Juan de la Cruz.

Manuel López Paradela: Guía Práctica de Almas Espirituales

Festas en honra da Virxe

Ademais da celebración de Nosa Señora dos Remedios na Ermida, (Quiroga) algunhas outras son as seguintes:

Santa María (A Fonsagrada): 8 de setembro ás 12.00 horas Misa en honor a seguida de procesión.

Virxe da Pena de Francia, (Dozón): día 8 desde as 10.30 h misas cada hora na ermida e ás 13 h Misa solemne coa Banda de Música de Cea, e procesión.

Santa María e o Santo Milagre (O Cebreiro) Días 8 e 9 : misas cada hora.

O Faro (Chantada): día 8 Misa solemne ás 13h. Día 9: Misa ás 12 e 13h; Misa e baixada da Virxe ata Requeixo ás 17h.

Virxe dos Remedios: subida da Santa Patrona desde o santuario de Pinol ao santuario de Cadeiras

Da man de María

María dixo si

Comezamos o curso con María. Aínda que, segundo se mire, tamén se pode dicir que terminamos o verán poñendo como broche á Nai de Deus.

A festa da Natividade de María, tamén coñecida como “a do oito”, marca a vida de moitas parroquias e santuarios. Grandes romarías no Faro, O Cebreiro (o día 9 celebran o Santo Milagre) e tamén as festas patronais na Fonsagrada, a miña parroquia natal.

Comezar ou terminar con María sempre é un bo agasallo. Facer o camiño collidos pola súa man maternal sempre nos fai sentir máis seguros.

Vivimos nun momento no que non é doado fiarse de ninguén. Dise que o gato escaldado ata lle escapa á auga fría. Posiblemente é o que nos estea pasando. Tantos timos, estafas, roubos, infidelidades de todo tipo volveron demasiado duro o corazón das persoas.

Tamén nos custa fiarnos de Deus. Non cremos que El é o mellor. Dubidamos de que a Igrexa sexa unha canle que nos leve á eternidade e que nos axude a facer un mundo mellor.

María fiouse. Non entendía, pero sabía que se podía fiar. En Deus, pola súa mesma esencia, sempre podemos confiar. María foi preservada do pecado, pero non do sufrimento: tivo que ver como crucificaban ao seu fillo, pero fiouse .

O mundo necesita recuperar a confianza en si mesmo. En boa medida, diso depende a nosa felicidade. Fagámolo ao estilo de María, Nai de Deus e nosa.

Escoitemos o canto Quero dicir si, como ti María

Miguel Ángel Álvarez

Visita dunha imaxe da Virxe de Fátima a Lugo e Monforte

Procesión en las  Carmelitas

Momento da procesión nas Carmelitas o día 15 de outubro

Do 14 ao 18 de outubro visita Lugo e Monforte unha imaxe da Virxe de Fátima custodiada na sé madrileña do Apostolado Mundial de Fátima. O programa de actos é o seguinte:

  • Día 14 de outubro, ás 6 da tarde: rosario e misa solemne no convento das Carmelitas presidida polo Presidente Nacional do Apostolado Mundial de Fátima en España, D. Carlos Lumbreras.

  • Día 15 de outubro, ás 5 da tarde, no convento das Carmelitas Descalzas: Rosario en procesión coa imaxe da Virxe. Ás 6, Vésperas solemnes e Eucaristía, presidida polo Vigairo Xeral, Mario Vázquez Carballo.

  • Día 16 de outubro, ás 11:00 horas, Rosario e Eucaristía na igrexa das Madres Agostiñas da Praza de Santo Domingo.

    Ás 5 da tarde, no Asilo de Monforte de Lemos.

  • Día 17 de outubro, ás 12.00 horas rosario e Eucaristía no mosteiro das Salesas

    Ás 5 da tarde, acto multitudinario na praza de Santa María: rosario, meditado, animado polo Orfeón Lucense. A continuación Eucaristía na catedral presidida polo señor Bispo D. Alfonso Carrasco Rouco.

  • Día 18 de outubro, ás 12.00 horas rosario e Eucaristía na igrexa de San Pedro. A continuación despedida da Imaxe Peregrina na praza da Soidade.

A %d blogueros les gusta esto: