Encontro de Nadal do profesorado de relixión

O sábado 13 o profesorado de relixión da Diocese manterá un encontro no Gran Hotel Lugo. Trátase de compartir un día dun xeito distendido. Non por iso van deixar de tratarse asuntos serios como a situación na que están os profesores de relixión. E tamén haberá unha reflexión sobre o futuro da presenza da materia na escola. Preténdese ademais que a reunión sirva de estímulo para seguir implicándose na boa marcha do ensino de relixión. Como é habitual neste encontro anual haberá unha homenaxe a quen se xubilan; que este ano son dous profesores.

Publicación dos estatutos da Confraría da Esperanza

Confraria Virxe Esperanza Xunta de Goberno

O martes 9 a Xunta de Goberno da Confraría de Esperanza de Lugo deu a coñecer nunha roda de prensa a publicación dos novos estatutos.

A irmá maior, Isabel Lagares explicou que tiñan “uns estatutos relativamente recentes (2007) pero o Dereito Canónico e as leis de asociacións van cambiando. Desde a Confraría valorouse que había que facilitar o coñecemento dos confrades das súas obrigas e os seus dereitos. Á hora de pedir unha subvención dicíasenos que a Confraría non era unha asociación sen ánimo de lucro”.

O tesoureiro da Confraría da Virxe da Esperanza, Juan Martín, considerou que “os estatutos que había tiñan demasiados artigos e un réxime disciplinario moi antigo. Deixáronse as cousas imprescindibles para o funcionamento da confraría, como os actos que ten que realizar obrigatoriamente, cando e como celebralos. Aos confrades pídenselles dúas cousas fundamentais: uniformidade no hábito e unha pequena colaboración económica” Sobre isto último, “se algún confrade non ten posibilidades de pagar o recibo, falando poderá amañarse o tema, sendo posible unha condonación”.

Para o moderador da Confraría, Alejandro Pin, “todo confrade pode ter na man a estrutura da confraría, algo que ata agora só tiña a Xunta de Goberno. E os confrades só tiñan coñecemento dalgún aspecto cando se falaba do que debían facer ou como debían asistir ás procesión, pero ata agora non tiñan un documento escrito ao que poder acudir”.

Seminario “Volver ao principio. Matrimonio e familia na Sagrada Escritura”

Está organizado polas dioceses da Provincia Eclesiástica de Galicia: Santiago de Compostela, Mondoñedo-Ferrol, Tui-Vigo, Ourense e Lugo.

Lugar de realización: Santiago de Compostela – Casa Diocesana de Exercicios

Data e horario: 20 de decembro 2014 de 9.45 a 20.15h

Contido: Unha relación de amizade ou de amor, unha vocación de Deus, necesita sempre volver ao principio desa relación. De modo semellante, necesitamos volver ese principio no que se nos revela a verdade sobre a relación home-muller, sobre a familia. O Seminario busca mostrar a beleza do amor humano tal como o revela a obra creadora de Deus e a redención obrada por Cristo.

Guión-esquema a seguir durante a xornada:

1. O comezo dun longo camiño (Matrimonio no AT)

2. A plenitude: ensino de Jesús sobre o matrimonio (Evanxeos)

3. As testemuñas da plenitude: Paulo e Apocalipse de Xoán

Relator: Prof. Luís Sánchez Navarro, DCJM. Catedrático de Novo Testamento na Universidade Eclesiástica San Dámaso

Quen pode participar?

Calquera que o desexe. Se esa persoa non é alumna do CFMF abonará a matrícula

Como inscribirse?  Premendo aquí

Pódese reservar a comida?

Si, indicándoo na ficha de inscrición ou ben enviando un e-mail a info@cfmfgalicia.es dicindo o número de persoas e un nome de contacto con teléfono.

Ata que día podo inscribirme?

Ata o 10 de decembro. Despois dese día habería que consultar.

Datos de contacto

Solicitude xeral de información: info@cfmfgalicia.es

 

Consultas sobre atención a nenos: nenos@cfmfgalicia.es

 

Contacto medios de comunicación: prensa@cfmfgalicia.es

 

www.cfmfgalicia.es Praza Sta. María 1, 27001 Lugo

Encontro diocesano no inicio do Ano Litúrxico en Silleda – O Corpiño

O Sr. Bispo invita a participar a todos os diocesanos, sacerdotes, consagrados e laicos ao encontro diocesano ao comezo do Ano Litúrxico que terá lugar en Silleda – O Corpiño o vindeiro 2 de decembro.

O encontro desenvolverase do seguinte xeito:

  • 11:00. Acollida, Oración e Desenvolvemento do tema: “Contra toda aparencia o Advento é tempo de esperanza” Relator: D. José Diéguez Dieppa, delegado de pastoral litúrxica e párroco da Diocese de Tui-Vigo Lugar: Salón parroquial da Casa rectoral de Silleda

  • 12:30. Descanso

  • 13:00. Celebración Penitencial na igrexa parroquial de Silleda

  • 14:15. Comida Fraternal.

  • 17:00. Eucaristía no Santuario do Corpiño.

A comida será nun restaurante de Silleda (15 €) e desde Lugo ponse un servizo de autobús, (10 €), con saída ás 9:30 da mañá desde a Praza de Bretaña e regreso ao final do encontro. É necesario apuntarse para a comida e o autobús antes do 28 de novembro nos teléfonos 616 85 17 18 ó 982 21 42 65, zona de Pontevedra 639 45 49 47.

A %d blogueros les gusta esto: