6 de xaneiro, Día dos catequistas nativos

Na solemnidade de Epifanía celébrase a Manifestación do Salvador a todos os pobos. Esta festa é un toque inicial de atención para sacudir a conciencia misioneira, que xorde do bautismo e de ser Igrexa.

A igrexa nos lugares de misión gasta as súas principais enerxías en formar responsables das comunidades (catequistas); reúneos unha ou dúas veces ao ano para capacitalos en cursos e talleres e acompáñaos na súa vida de fe. Eles son cristiáns adultos e exemplo de fe e de vida crente: Catequistas creadores de comunidade!

No cartel desta Xornada Misioneira de Epifanía represéntase unha comunidade reunida e asentada sobre a Palabra de Deus, que lle vai dando forma de corazón, facéndolle sentir que é portadora da tenrurade Deus derramada sobre ela e a envía a derramar ese amor sobre os pequenos e os pobres seguindo a Xesucristo que está entre eles (é á cruz cara á que todos orientan a súa mirada). Esa é a COMUNIDADE cristiá que cada CATEQUISTA esfórzase en CREAR co impulso que vén do Espírito.

[Máis información]

1 de xaneiro, Xornada mundial da paz

A 51ª Xornada Mundial da Paz celébrase o 1 de xaneiro co lema: Migrantes e refuxiados: homes e mulleres que buscan a paz

O Papa Francisco quere lembrar aos máis de 250 millóns de migrantes no mundo, dos que 22 millóns e medio son refuxiados. Para atopar un lugar onde vivir en paz, moitos deles están dispostos a arriscar as súas vidas a través dunha viaxe que, na maioría dos casos, é longa e perigosa; están dispostos a soportar o cansazo e o sufrimento, a afrontar os arames e os muros que se alzan para afastalos do seu destino.

 O Papa pide que con espírito de misericordia, abracemos a todos os que foxen da guerra e da fame.

[Ver mensaje del Papa]

Exercicios espirituais

As Delegacións de Apostolado Segrar de Lugo e Santiago organizan durante este curso 2017-2018, varios exercicios espirituais para os interesados en profundizar nun mesmo e na dimensión espiritual da persoa. A comezos de decembro foron en Lugo e no inicio de xaneiro serán en Santiago: do 2 de xaneiro ás 5 da tarde ata o venres despois de xantar.

Cómpre levar Biblia, libreta e bolígrafo, ademais de roupa e útiles de aseo.

Para resolver dúbidas, reservar praza… WhatsApp 680.42.96.26 (Javier Porro).

Tamén no mes de xaneiro de 2018, do día 7 (pola noite) ao 12 (ao mediodía) os sacerdotes de Lugo teñen unha segunda ocasión para facer exercicios espirituais. Estarán dirixidos polo Delegado do clero da Diocese de Orihuela-Alacant, Agustín Sánchez Manzanares (imaxe esquerda).

Mañás de Nadal organizadas por Ateibo

A Asociación Xuvenil Ateibo organiza no Colexio salesiano Divina Pastora (pza. da Milagrosa, n.º 10, Lugo) as Mañás de Nadal 2017. Nenos de 3 a 12 anos poderán participar nas actividades de tempo libre que se programan entre o 26 e o 29 de decembro e tamén na primeira semana de xaneiro (martes a venres). O horario é de 10 a 13:30h e hai servizo de gardería de 9 a 14h.

Máis información: cxateibo@yahoo.es

Ateibo é unha Asociación Xuvenil que pretende educar no tempo de lecer con animadores voluntarios. A misión destas persoas e proporcionar un acompañamento persoal con cada un dos destinatarios e reflectir o movemento xuvenil salesiano.

Outra actividade da comunidade salesiana que neste caso xa levou a cabo foi a Operación Quilo, achegando 1000 kgs. de alimentos para os máis necesitados. Ver web do Colexio.

Presentación da biografía de Luigi Giussani

O  9 de decembro o salón de actos do Seminario Diocesano acollía a presentación do libro Luigi Giussani, su vida que ten como autor Alberto Savorana. Trátase da primeira biografía do fundador do movemento eclesial Comuñón e Liberación.

No acto, presidido por Mons. Alfonso Carrasco Rouco, interviu o membro de Comuñón e Liberación, Claudio Bottini, presentado por Luis Varela Castiñeira.

 Claudio Bottini presentou algúns dos aspectos que máis lle impactaran da figura de Luigi Giussani, como o feito de advertir aos seus alumnos que ía facilitarlles un método para xulgar o que el mesmo (Giussani) lles dixera.  E que desexaba transmitirlles máis ben unha experiencia de había 2000 anos. “Esta tarde -comentou Claudio Bottini- é un exemplo desta oportunidade, porque o cristianismo transmítese de persoa a persoa, de alegría a alegría, de caridade a caridade”.

A %d blogueros les gusta esto: