Catequeses para mozos e adultos

Catequese xoves e adultosO 7 de outubro ás 20:30 h comezan as catequeses para xoves e adultos que organiza o Camiño Neocatecumenal no salón parroquial da igrexa de San Froilán, Lugo. Os luns e mércores á hora mencionada ofrécese unha ocasión para achegarse a Xesucristo e á Igrexa dunha forma nova, coñecendo tamén a persoas “tocadas” por Cristo que viven a súa fe dun xeito revolucionario. O lema escollido para este curso é “Xesucristo ámate, deu a súa vida para salvarte e agora está vivo ao teu carón cada día, para iluminarte, para fortalecerte, para salvarte” (Evangelii Gaudium)

Exposición sobre a Fundación Vicente Ferrer

Yolanda Ferrer

Con motivo da Xornada do DOMUND, a Delegación de Misións invita a ver unha exposición na 2ª planta do Museo Provincial ata o 18 de outubro. Son fotografías feitas por Yolanda Ferrer (na imaxe superior), representante da Fundación Vicente Ferrer. Trátase de mostrar unha cidade do sureste da India – Anantapur- coñecida como “cidade do infinito”. Nela habita unha das comunidades tamén máis pobres e excluídas do sistema de castas indio, os dálits ou intocables e os grupos tribais. 

Preto de 30 fotografías compoñen esta exposición, instantáneas que van acompañadas de comentarios e reflexións da propia autora.

O martes 6 de outubro ás 19:00 h. será a inauguración e a autora ofrecerá unha conferencia o día 14 ás 19 h, que se titulará “ESPERA UN MILAGRE”.

Pobreza e dependencia, un modelo franciscano

O outro día ía no coche escoitando unha charla na que se falaba de San Francisco de Asís. Aquel mozo acomodado que, do mesmo xeito que os namorados, comezou a realizar tolemias por Deus, xa que ao descubrilo, todo o seu mundo púxose patas para arriba. Nesa conversa díxose algo que me chamou a atención e que me fixo conducir varios quilómetros impresionado. A frase foi: «Francisco logrou ser verdadeiramente POBRE e totalmente DEPENDENTE».

Preguntarédesvos por que me chamou a atención. Que pasou pola miña cabeza durante aqueles quilómetros silenciosos que atraparon o meu pensamento. Unha posible resposta é: “Está tolo! Quen pode desexar iso hoxe en día?». Pero cóntovos as conclusións ás que cheguei logo de meditar esta frase sobre San Francisco.

Non hai verdade máis evidente que a dependencia do ser humano con respecto a outras persoas. Contemplar a un bebé móstranos a súa fraxilidade e o moito que necesita ser coidado por outros e que cumpran de forma bela a dependencia que manifesta. Cando vai crecendo segue con esta realidade da súa persoa, depende dos seus pais e educadores, depende do amor que reciba, da súa familia e dos seus amigos. Sempre se lle ve dependente doutras persoas que desexen compartir a súa propia dependencia con el. Todos necesitamos dos demais. Desde unha perspectiva cristiá a dependencia é sa cando é dun semellante ou de alguén superior á propia persoa.

A gran mentira que nos vende o ambiente publicitario é que necesitamos ser independentes e ricos. Por que digo que é a gran mentira? Porque nos leva a ir en contra do que somos, a considerar ao outro prescindible no camiño, pon como meta da nosa realización persoal aquilo que nos despersonaliza. E fai que fundamentemos a nosa vida nunha falacia.

Ler máis

Celebración de San Froilán

CAPILLA DE SAN FROILÁN

O día 5 ás 12h é Eucaristía na parroquia de San Froilán e na S. I. Catedral (na imaxe, Capela de San Froilán). Neste último templo a Corporación Municipal asiste á Misa solemne e por primeira vez fará a ofrenda unha parroquia do ámbito rural: Adai.

Na parroquia de San Froilán ata o día 4 celébrase a Novena en honra ao santo lucense. 

A %d blogueros les gusta esto: