Concentración solidaria organizada por Mans Unidas

Copia de manosunidas24h-10

O xoves 28 hai actos por toda España convocados por Mans Unidas. E a delegación lucense invita a concentrarse ás oito e media diante do edificio do Concello, na praza Maior de Lugo. Tras unha presentación, repartirase aos presentes unha vela para que, encendida, simbolice o desexo de poñer luz nun mundo no que hai inxustizas. E finalmente lese un manifesto.

Presentación do libro Falando baixiño, de Miguel Ángel Álvarez

Presentacion Falando baixiño público 2

O 27 de maio, o Seminario acolleu a presentación do libro Falando baixiño. Reflexións ó abeiro da fe, do párroco de San Froilán, Miguel Ángel Álvarez Pérez.

Interveñeron a directora da Oficina de Prensa do Bispado, María José Campo López-Barcia, para quen as páxinas do libro “reconfortan e dan esperanza”; o director da editorial Vozesnavoz, Javier Diéguez Diéguez, que destacou dúas ideas que se repiten constantemente -alegría e amor- “pois quen cre nun Deus que é amor só pode crer con alegría e o libro evanxeliza con alegría e con amor”; o Vicario Xeral Mario Vázquez Carballo, que se referiu ao autor como “un crego que camiña, pensa, traduce, observa e grava para a historia as crónicas das boas novas dunha Igrexa e dunha sociedade que se sente agradecida rezando ante o Santísimo Sacramento, celebrando a fe e construíndo un mundo mellor”.

Finalmente, o autor, Miguel Ángel Álvarez Pérez, sinalou os 3 motivos que deron lugar aos textos: “a invitación de María José Campo a elaborar os artigos, as posibilidades das redes sociais e dunha folla parroquial e finalmente a idea de facer chegar á xente que non se manexa por internet e que me pediu se podía facer algo para difundir os escritos”.

Cadea de oración pola vida consagrada en San Francisco Xavier

O día 27 de maio ás 7 da tarde hai unha Misa na igrexa de san Francisco Xavier, Lugo.

Na mencionada parroquia lucense hai tres comunidades de relixiosas:

Será un día para dar grazas a Deus polos dons que El regalou á súa Igrexa e a dúas irmás que celebran os seus 50 anos de vida consagrada.

Ciclo de conferencias sobre as persoas maiores

Copia de conferencias maiores galego

O salón de actos de Afundación, pza de Santa María, Lugo, acolle 3 conferencias que programa a Fundación Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo.

O 27 de maio, de 19:15h a 20:15h, o profesor da Universidade de Santiago, Carlos Dosil dará 10 ideas para alcanzar o benestar na terceira idade.

O xoves 28 de maio, á mesma hora, o xeriatra do HULA, José Ramón Martínez Calvo “Envellecemento activo. Diálogo aberto cun xeriatra experimentado”.

E o día 29 a doutora en Filosofía e CC da Educación, Consuelo Santamaría tratará o tema: “Do lamento á esperanza. Vivir o dó e o sufrimento con sentido”.

Accións formativas de Cáritas Lugo

formacion_para_sesempleados

O Programa de Emprego de Cáritas Lugo levou a cabo durante este mes de maio varias accións formativas para o emprego no marco do Programa operativo plurirrexional de loita contra a discriminación. O pasado 4 de maio comezou o curso “Operarios de limpeza” e o día 11 o taller de informática básica para a búsqueda dun posto de traballo. Ambos cursos duran tres e dúas semanas, respectivamente.

No mes anterior, abril, fixérase en Sarria o taller “Atención ás familias no fogar” e culminara en Lugo o programa “Emprégate II”.

A %d blogueros les gusta esto: