Actos eucarísticos e misioneiros na parroquia de San Francisco Xavier

O actos comezaron o 2 de decembro cunha misa en honra a San Francisco Xavier.

O día de San Francisco Xavier, o 3 de decembro, presenta o seguinte programa:

  • 12:00 h. misa

  • 18:30 h. charla nos locais da parroquia “Ser misioneiro hoxe”. Presentación do proxecto solidario “Tecendo soños” (construción dunha capela en Benin).

  • 20:00 h. misa

No transcurso das misas daranse a bicar as reliquias do Santo.

Encontro diocesano ao comezo do Ano Litúrxico en Silleda e no Corpiño

A Diocese de Lugo quizo comezar o Ano Litúrxico dun xeito solemne, adicándolle unha xornada especial de convivencia e oración. Por cuarto ano consecutivo este acto tivo lugar en Silleda e no Corpiño. É sempre unha boa ocasión para facer unha parada co fin de atoparse, reflexionar e orar xuntos neste Ano da Fe. O encontro tivo lugar o 1 de decembro de acordo co seguinte horario:

  • 11:00. Acollida, oración e desenvolvemento do tema: “O Ano da Fe, unha ocasión para renovar a vida cristiá”. Lugar: Salón parroquial. Casa reitoral de Silleda

  • 12:30. Descanso

  • 13:00. Celebración penitencial na igrexa parroquial de Silleda

  • 14:15. Comida fraternal en Silleda.

  • 17:00. Eucaristía no Santuario do Corpiño

Neste encontro, aberto a todos,  participaron sacerdotes, consagrados e laicos. A experiencia di que estas xornadas son unha axuda, especialmente aos sacerdotes, primeiros responsables da pastoral. O feito de atoparse sacerdotes e fieis co señor Bispo, que presidirá o encontro, axuda a vivir e sentir como Igrexa e coa Igrexa.

Reunión dos curas das parroquias do Camiño de Santiago na Diocese de Lugo

Os curas que atenden as parroquias do Camiño de Santiago na Diocese de Lugo mantiveron unha reunión no seminario o pasado día 27 de novembro. Despois de analizar as distintas actuacións levadas a cabo dende a última xuntanza e de manifestar os logros de deficiencias atopadas, presentaron as novidades para o vindeiro ano. É de salientar a incorporación de José Criado como novo Delegado de Santuarios en Peregrinacións, en sustitución de José Otero, que seguirá a colaborar nestas tarefas como asesor.

20121127-204716.jpg

20121127-204806.jpg

As cinco Cáritas diocesanas de Galicia galardoadas co premio Fernández Latorre

As cinco Cáritas diocesanas de Galicia foron distinguidas co Premio Fernández Latorre na súa 54.ª edición. O galardón, instituído en memoria do fundador do xornal La Voz de Galicia, concédeo cada ano a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

A entrega do Premio Fernández Latorre celébrase na última semana de novembro. O arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio, recolle o premio en representación de todas as persoas que forman parte de Cáritas en Galicia, entre elas, 2.800 voluntarios.

Motivos polos que o xurado viu a Cáritas Galicia como merecedora do premio:

  • fan un incansable labor en favor dos máis necesitados

  • contribúen á cohesión social

  • capacidade de reacción e flexibilidade en momentos complicados

  • garanten a supervivencia, en condicións dignas, de miles de familias galegas.

A %d blogueros les gusta esto: