Últimos días para inscribirse no Curso de Formación en Matrimonio e Familia

Copia de Curso Formac matrimonio e familia

O Curso de Formación en Matrimonio e Familia terá un contido teórico pero sobre todo consistirá en testemuños de experiencias. A idea é fortalecer as familias na súa vocación, axudalas a vivir a felicidade que Deus desexa para cada un dos seus membros, contribuír a que superen os retos aos que se enfrontan para vivir plenamente a grandeza e beleza da vocación á que foron chamadas

Para inscribirse o prazo remata o día 10 de xaneiro e as persoas que desexen facelo con posterioridade deberán xustificar a súa demora en inscribirse, sendo xa imposible facelo despois do día 18 de xaneiro.

 

Faleceu o cóengo D. Ubaldo Casanova

Despois dunha longa enfermidade, faleceu o día 29 de decembro D. Ubaldo Casanova Sánchez. Nacera na Parroquia de San Pedro de Rivas Altas o día 16 de maio de 1930. En 1942 ingresou no Seminario Menor de Lugo onde estudou Latín e Humanidades; en 1947 traslada a matrícula á Universidade Pontificia de Salamanca onde estuda Filosofía e Sagrada Teoloxía, obtendo a Lic. na devandita materia en xuño de 1956. Posteriormente, é ordenado sacerdote o día 8 de xullo de 1956 polo Dr. D. Miguel Nóvoa Fuente, Bispo Titular de Chytri e Auxiliar de Santiago de Compostela. O 18 de outubro do mesmo ano foi nomeado ecónomo da parroquia de Bolmente (Sober), cargo que desempeñou até setembro de 1970 para ser designado profesor e prefecto de disciplina no Seminario Menor. En outubro do ano 1961 o Bispo D. Antonio Ona de Echave destínao tamén como profesor do Seminario Maior impartindo alí Psicoloxía Experimental e Cosmología. En xuño de 1959 obtivo o grao de Doutor en Filosofía tamén na Pontificia de Salamanca.

Ler máis

Actividades de Cáritas Lugo para nenos e adolescentes

O Servizo de atención á infancia e mocidade de Cáritas, realiza unha actividade para adolescentes: Xornada de uso racional de novas tecnoloxías. É o día 28 de decembro no Centro de Servizos de Cáritas Diocesana de Lugo en Avda. das Américas n° 93-97 en horario de mañá.

Tamén hai unha celebración de Nadal, cunha festa o día 28 de decembro pola tarde no Colexio Divino Mestre.

Xornada formativa e festiva no Seminario o día 27

Xornada

O Seminario acolle unha xornada formativa e festiva o día 27 de decembro.

O moderador é D. Fernando Herrera Casañé, Subdirector da Subcomisión Episcopal de Familia e Vida da Conferencia Episcopal Española. As súas conferencias levan por título: O plan de Deus: o matrimonio cristiá e A transmisión da fe en familia.

A %d blogueros les gusta esto: