Reunión de sacerdotes e guías do Camiño de Santiago na Diocese de Lugo

 

Sacerdotes y guias del Camino

 Sacerdotes e guías das igrexas do Camiño de Santiago na Diocese de Lugo reuníronse o día 8 de outubro en Palas de Rei, convocados polo delegado de Santuarios e Peregrinacións, José Criado. Foi unha reunión de remate de tempada onde se analizaron os logros, dificultades e tamén proxectos de cara o vindeiro ano.

 A segunda parte da reunión tivo carácter turístico, pois os asistentes fixeron unha visita ó Castelo de Pambre e á igrexa de Vila de Donas. Remataron os actos cun xantar de confraternidade.

 

Os fregueses de Adai relanzan unha romaría en honra á Virxe da Saúde

O día 22 na parroquia Santa María Magdalena de Adai recupérase unha romaría que se pretende  sexa tamén con peregrinación. Ese día haberá misas cada hora desde as 10 da mañá.

A historia remóntase 65 anos atrás, cando unha familia doou a imaxe da Nosa Señora da Saúde, que agora está nun dos laterais da igrexa e que leva a inscrición: «Regalo de Elías Simón y esposa». Moitos lucenses ían en peregrinación facendo os escasos 5 quilómetros que hai até a parroquia. Hoxe en día tamén son numerosas as persoas que chegan até a zona e ás que se ofrece un motivo máis para aproximarse ao lugar. Sobre todo, o penúltimo fin de semana de setembro.

Mercado solidario na Milagrosa

mercado solidario Milagrosa obxecto

A comunidade cristiá parroquial da Milagrosa organiza, por iniciativa dun grupo de persoas voluntarias, un mercado benéfico do 29 de agosto ao 8 de setembro no salón parroquial de 11 a 13 horas e de 17:30 a 20:15. O obxectivo principal desta actividade é recadar fondos para axudar a persoas con poucos recursos que viven no barrio.

A solemnidade da Virxe da Milagrosa é o día 1 de setembro, celebrándose unha Eucaristía ás 12h seguida de procesión.

Día dos avós na parroquia de San Clodio

20130727-235930.jpg
O venres, 26 de xulo, día de San Xoaquín e Santa Ana, celebramos a 6ª edición do Día dos Avós. Os actos comenzaron as 8 da tarde, coa celebración dunha misa de acción de gracias polos avós presidida polo Vicario Xeral Don Mario Vázquez Carballo. Ao final da Eucaristía Don Mario entregou os agasallos, este ano co lema: “Avós, custodios da Fe”. A continuación tivo lugar o brindis por todos os avós con música e baile.

A %d blogueros les gusta esto: