Eucaristía pola paz en Lalín

O venres, 4 de marzo, ás 20 horas, na igrexa parroquial de Lalín, celebrarase unha Eucaristía pola paz ante o ataque militar contra Ucraína.
Na celebración participarán cidadáns ucraínos e rusos residentes nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Ademais, a colecta que se faga durante a mesma destinarase a Cáritas Ucraína, respondendo así á petición feita polo bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco: “Dada a situación que viven as xentes a consecuencia da guerra, ofrezamos a nosa axuda a través de Cáritas en Ucraína. É un signo de apertura ao próximo e ás súas necesidades, pero tamén de conversión de todas as cobizas e os odios, que impiden a paz.”.

Novena da Graza

Na Parroquia San Francisco Xavier, Lugo, celébrase a Novena da Graza entre os días 4 e 12 de marzo, predicada polo misioneiro xaveriano Ivanildo de Sousa Quaresma.

Este ano dáse a circunstancia de que tamén se celebran os 400 anos da canonización de San Francisco Xavier e os 60 anos de existencia da Parroquia lucense.

Os horarios da Novena son os seguintes:

– durante a semana: 12 h e 7 h

– domingo: 10 h; 12,30 h e 7 h

Martes 8, unción de enfermos ás 4, 30 h

Xoves 10, celebración comunitaria do perdón ás 7, 30 h

Sábado 12, procesión dos fachos ao terminar a misa de 7 h

Entrega da cesta de Nadal de Mans Unidas á parroquia de Albeiros

Na mañá do xoves 20 de xaneiro a lIbraría La Voz de la Verdad acolleu a entrega dunha cesta de Nadal por parte de Mans Unidas Lugo á parroquia de San Lourenzo de Albeiros. Mans Unidas fixera o sorteo o pasado mes de decembro e ao quedar deserto, entregouse a cesta ao párroco Daniel García, para que a distribúa entre xente necesitada.

Peregrinación a Santiago organizada por varias parroquias

As parroquias de A Milagrosa, Castroverde, Meira, Pol e Sarria organizan unha peregrinación a Compostela facendo cada mes a pé un tramo do Camiño Primitivo.

  • 22 de xaneiro: Lugo – San Román da Retorta (18 km)

  • 12 de febreiro: San Román da Retorta – Merlán (15 km)

  • 19 de marzo: Merlán – Cortobade (18 km)

  • 16 de abril: Cortobade – Amenal (17 km)

  • 14 de maio: Lavacolla – Santiago (9 km)

Doce Nadal na Parroquia Santiago A Nova

A Parroquia Santiago A Nova (Lugo) organiza a campaña “Doce Nadal!” os días 17, 18 e 19 de decembro.

Trátase dun mercado solidario para recadar fondos cos que contribuír á actuación de Cáritas. Durante a fin de semana, na antiga sancristía da igrexa, con entrada pola rúa San Pedro, estará a venda repostería caseira, licores, mel e outros produtos ecolóxicos.

A %d blogueros les gusta esto: