Apertura do Curso 2019-2020 no Seminario

O domingo 22 de setembro ten lugar a solemne apertura do Curso Académico 2019-2020 do Seminario Diocesano, o Instituto Teolóxico Lucense e o Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Dámaso. O programa é o seguinte:

17:30 h Eucaristía Votiva do Espírito Santo presidida por Mons. Alfonso Carrasco Rouco na Capela Maior do Seminario.

18:30 h Acto académico e lección inaugural na Aula Magna

A Secretaria do Seminario, Montserrat López Vázquez procederá á lectura da Memoria do Curso 2018-2019

O Sr. Bispo abre oficialmente o Curso

Lección inaugural “La reforma en la Iglesia”, que será pronunciada polo profesor emérito do Instituto Teolóxico Lucense José Fernández Fernández, na que será a súa última lectio.

Pascua coas familias no Seminario: charla de Gregorio Luri

Con motivo da celebración da Pascua coas familias, o Seminario diocesano organiza unha charla a cargo do profesor Gregorio Luri Medrano, co título “Eloxio das familias sensatamente imperfectas”. Será o 1 de maio, na aula magna do Seminario ás 11.30 h e está aberta á participación de todos os interesados.

Gregorio Luri Medrano é doutor en filosofía pola Universidade de Barcelona e licenciado en Ciencias da Educación.

Día do Seminario

Este ano o Día do Seminario celébrase baixo o lema “O Seminario, misión de todos”. Porque todos somos responsables da pastoral da chamada, de ser vehículo en mans de Deus para que outros poidan oír, sen medo a equivocarse, a misión concreta que Deus puxo nas súas mans. O sacerdocio é un ministerio indispensable na Igrexa. Deus chama aos seus sacerdotes en determinados contextos humanos e eclesiais que os marcarán e caracterizarán; e Deus mesmo envía a estes ministros ordenados ao servizo do Evanxeo do seu Fillo.

O domingo 17 de marzo de 20:15 h a 21:15h na Capela Maior do Seminario (acceso exterior desde o xardín da fachada principal) rézanse ante o Santísimo Sacramento as II Vésperas do domingo, cunha intención especial polas vocacións.

O luns 18 de marzo celébrase na Catedral a Vixilia PRO SEMINARIO (Adoración Nocturna).

[Materiais da Conferencia Episcopal]

Xornada de Portas Abertas do Seminario

O día de portas abertas estipulado este ano será o domingo 24 de febreiro de 18:30 h a 20 h. Esta xornada, aberta a todo o público, consiste fundamentalmente nunha visita e presentación das instalacións e nunha pequena exposición de actividades que presentarán os propios alumnos.
As instalacións do Seminario contan con:

– Aulas para cada curso da ESO e BAC cunha ratio de 12 alumnos por aula.

– Unha biblioteca con 100.000 volumes.

– Residencia para 60 alumnos en pensión completa.

– Espazos de estudo comunitarios con presenza habitual de profesores que axudan no traballo cotián.

– Salas de lectura, audiovisuais, informática, música, libraría, laboratorio e taller…

– Pistas deportivas exteriores e pavillón polideportivo cuberto e calefactado.

– Capelas por niveis con atención relixiosa adaptada ás distintas idades.

O Centro presentouse a distintas actividades científicas en Galicia. Entre outros galardóns, obtívose o premio Voz Natura Galicia. Os 5000 euros conseguidos destináronse a unha obra social na República Dominicana e á compra dun motocultor para continuar os proxectos.

Os valores que promove o Seminario axudan non só a descubrir o cristianismo como unha forma de vida profunda e enriquecedora senón que prepara á persoa cara a unha vida social, profesional e familiar íntegra.

Celebración de San Tomé de Aquino no Seminario

O venres 25 de xaneiro a partir das 19 h ten lugar no Seminario a Festa de San Tomé de Aquino, co seguinte programa:

  • 19h (Aula Magna): Acto académico

    Santo Tomás de Aquino y la Modernidad en G. K. Chesterton”, relatorio a cargo do profesor de Filosofía da Universidade Pontificia de Comillas e docente invitado de Filosofía do Instituto Teolóxico Lucense Mario Ramos Vera

  • 20 h (Capela Maior): Eucaristía

         Preside o Bispo de Lugo, Mons. D. Alfonso Carrasco Rouco

A %d blogueros les gusta esto: