Triduos en honra á Virxe das Dores e á Virxe da Saúde

virxe-das-dores-e-da-saude

Os días 13, 14 e 15 de setembro e coincidindo coa súa festividade, a Confraría Franciscana do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María  celebrará un triduo en honra á Virxe das Dores na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo co seguinte horario: Ás 19,00 horas: Santo Rosario e ás 19,30 horas: Santa Misa. O triduo está predicado por frei Amado González. O día 15, a Misa será cantada polo Orfeón Xoán Montes, de Lugo, e ao finalizar a mesma, haberá un bicamáns á Virxe das Dores, para todas aquelas persoas que queiran achegarse. Nesta celebración, a Virxe volverá lucir o seu valiosísimo e espectacular Manto Procesional, confeccionado en 1965 en Valencia con veludo negro bordado en ouro e adornado con pedrería e perlas, e considerado polos entendidos como o máis valioso dos que existen na Semana de Paixón galega.

O santuario de Santa María Madanela de Adai acolle un triduo en honra á Virxe da Saúde. O primeiro día, o 15 de setembro, ás sete da tarde preside Luciano Armas; o día 16 á mesma hora, a celebración está presidida por Miguel Álvarez e o día 17 presidirá César Carnero. O domingo 18 hai misas desde as 9 da mañá e ás 13 h será a Misa Solemne, oficiada polo Vicario Xeral da Diocese Mario Vázquez. Trala Misa será a bendición de chaves e a procesión. Haberá unha carpa e actuarán varios grupos.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: