Na Parroquia da Milagrosa, a partir do mércores 19 ata o xoves 27 de novembro ten lugar a novena na honra da Virxe Milagrosa, cos seguintes actos:
- Rezo do Santo Rosario ás 19:00 (sete)
- Eucaristía ás 19:30 (sete e media)
- Exposición do Santísimo despois da misa
- Confesións de 19 a 19:30 h.
Na Parroquia de San Froilán a novena, os mesmos días, terá o horario seguinte:
- 19:15 h Santo Rosario e exercicio piadoso da novena
- 19:30 h Celebración eucarística. A proclamación da Divina Palabra estará a cargo do misioneiro comboniano P. Damián Bruyel.
- ás 11 da mañá do día 27 será Misa solemne da festa da Santísima Virxe da Medalla Milagrosa.