Viaxe a Italia

 O clero da Diocese de Lugo que celebra este anos as súas vodas de ouro sacerdotais organizou unha viaxe a Italia para este mes de outubro, co seguinte programa:

DÍA 1º- 17 Outubro LUGO-SANTIAGO-MADRID-ROMA Saída da estación de Autobuses ás 6 h, para ir a Santiago. Chegada a Roma ás 14,30h. Primeira toma de contacto coa cidade Eterna. Visita panorámica da cidade.

DIA 2º- 18.Outubro ROMA Día adicado a venerar a memoria dos Apóstolos.

DIA 3º- 19.Outubro ROMA Xubileo Extraordinario da Misericordia.


DIA 4º- 20.Outubro ASIS

San Francisco e Santa Clara.

DIA 5º – 21.Outubro FLORENCIA

O berce do Renacimiento.

DIA 6º- 22.Outubro BOLONIA- PADUA-VENECIA

San Lucas Evanxelista e San Antonio, o “Doutor evanxélico”.

DIA 7º- 23.Outubro VENECIA

San Marcos e Santa Lucia.

DIA 8º- 24.Outubro MILAN-MADRID-SANTIAGO-LUGO

En Milán: Praza do Duomo, Catedral e galerias de Victorio Emmanuel.

Día internacional para a erradicación da pobreza

10-outubro-dia-17-contra-a-pobreza-copiar

Con motivo de ser o 17 de outubro o Día internacional para a erradicación da pobreza, Cáritas, Confer, Mans Unidas e Redes convocan unha concentración o devandito día ás 18h na Praza de Santa María de Lugo.

Neste día denúncianse as causas da pobreza e lánzase unha mensaxe aos representantes dos cidadáns: acabar coas causas da pobreza é posible. 

O día 17, co afán de enfocar as causas que orixinan pobreza e desigualdade, Cáritas, Mans Unidas… reivindican frear o avance de acordos comerciais como o TTIP (Asociación Transatlántica de Comercio e Investimento), que se están negociando ás costas da cidadanía. Eses acordos son unha das principais ferramentas causantes das pobrezas, das desigualdades.

Canonización en Roma de Mons. Manuel González

canonizacion-manuel-gonzalez

Con motivo do Ano da Misericordia e para asistir á canonización en Roma de Mons. Manuel González hai unha peregrinación a Roma do 14 ao 18 de outubro, coa presenza do bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco. 

Esquema do programa:

Día 14 de outubro. Voo a Roma e visita da cidade

Día 15 Visita da Roma antiga e vixilia de oración

Día 16 Asistencia ao acto de canonización do beato Manuel González García

Día 17 Basílicas e Catacumbas

Día 18 Regreso a Lugo

[Escrito de Mons. Manuel González sobre a arte de calar]

Xornada de formación para o profesorado de Relixión

Copia de Ano Misericordia Lugo  banner

O sábado 15 de outubro hai unha xornada formativa para o profesorado de Relixión baixo o título: “Pedagoxía da Misericordia. O corazón ten razóns que a razón non entende”. A partir das 9:30 h no salón de actos do Seminario de Lugo desenvolveráse un programa consistente en 2 relatorios pola mañá e outros dous pola tarde (a partir das 16h). Os títulos dos relatorios son os seguintes:

  • A pedagoxía divina

  • A pedagoxía da misericordia

  • A misericordia na Biblia

  • A misericordia na súa perspectiva didáctica

O silencio

jose-maria-rojo
José María Rojo

O silencio é o que máis nos custa aceptar, malia tantas experiencias como temos na vida:

-Moitos vivimos no campo e sabemos a profundidade de reflexión dos campesiños que pasaron longas horas en contacto coa natureza, observando todo, aguzando o oído, diferenciando cores, sons, tonalidades…

-Como comunicadores frecuentemente rebelámonos contra pedantes entrevistadores que non deixan falar ao entrevistado e só se escoitan a si mesmos.

-Cantas veces quixemos levantarnos a media homilía porque o sacerdote fala e fala e fala e non comunica nada.

-A dobre imaxe máis frecuente hoxe no transporte é: ou cos parlantes ben colocados e abstraídos do que pasa ao redor dun ou coas mans aloucadas sobre o teléfono unha e outra vez porque a maioría non aguanta o silencio…

E iso malia que sabemos moi ben que Deus deunos dous oídos para escoitar moito e unha soa boca para falar pouco…

Ben fai o Papa en acentuar a importancia do silencio en todo tipo de comunicación, en remarcar que o silencio é parte integrante da comunicación e sen el non existen palabras con densidade de contido.

E, xunto ao silencio, a palabra; precisa e oportuna, iso si. Temos ese gran don, esa marabillosa calidade que non podemos malgastar. Poida que sexa suficiente dicir que a comida estivo boa pero se merece o cualificativo de sabrosa ou deliciosa, entendemos outra cousa… Por iso en quechua para dicir “Santo, santo, santo…” elixiron a palabra “sumaq”, que non só é bo senón rico e ata sabroso… porque a Palabra de Deus non se “sabe” senón que se “saborea”; a Deus non só o coñecemos coa intelixencia senón co corazón e, como di o biblista Carlos Mesters, cos pés, é dicir, camiñando tras de el, seguíndoo.

Pero ben sabemos que en comunicación non podemos falar só de palabra; sería moi frío: de novo co Papa, é necesario crear un ambiente propicio, case unha especie de “ecosistema que saiba equilibrar silencio, palabra, imaxes e sons”. Un belo exemplo diso témolo na película La Misión: o aproveitamento ao máximo de todos os elementos da vida cotiá da comunidade, sazonado coa música, producía o clima máis axeitado para a comunicación da mensaxe de salvación e liberación dos guaranís, para que a palabra (e a Palabra) cobrasen densidade. Pola contra, o “adoutrinamento” machacón que frecuentemente caracterizou as prédicas e as catequeses produciu o efecto contrario.

Nunca como agora fomos bombardeados con mensaxes e informacións; nunca como agora vivimos -con frecuencia- máis incomunicados. Necesitamos subir cada vez un pouco máis os auriculares para gritar máis e escoitar menos. Poida que teña razón a miña técnica en audifonía: os defectos que antes aparecían nos oídos aos 65 anos xa están aparecendo aos 50. Se seguimos baixando… Claro que, ás veces é preferible non oír para non ter que escoitar a cantidade de estupideces que nos ofrecen os medios, entre outras…

José María Rojo

[Ver artigo orixinal en castelán]

 José María Rojo estará en Lugo o 17 de outubro ás 20h no salón de actos do Seminario para falar da misión nas grandes urbes latinoamericanas.

A %d blogueros les gusta esto: